Mail recebido hoje: 

«O Proxecto de Investigación Interuniversitario “Nomes e Voces” en colaboración coa Asociación Cultura Aberta de Carral e o Concello do Grove, está a organizar a visita do historiador Francisco Espinosa Maestre (Villafranca de los Barros, Badajoz, 1954) ás vilas de Carral, Santiago de Compostela e O Grove, para impartir tres conferencias entorno a diferentes cuestións sobre o estudo da guerra civil e da represión franquista, aproveitando a recente presentación do seu último libro Callar al mensajero (Península, 2009). 

Deste xeito o Proxecto “Nomes e Voces”, dirixido polo catedrático Lourenzo Fernández Prieto, segue traballando, no marco da súa pescuda sobre a guerra civil e a represión franquista, atento aos debates historiográficos, propiciando espazos de encontro favorables ao intercambio académico e científico. Coa visita de Francisco Espinosa pretende poñer en pé un instrumento de comunicación e reflexión histórica na sociedade favorable á normalización da investigación do Golpe de Estado de 1936 e da represión franquista. 

Acompáñase máis información no PDF.

Grazas pola vosa colaboración na difusión desta noticia, e recibide un cordial saúdo,
Chus Martínez»

Advertisements